BUSCA NO NOSO BLOGUE

29/9/13

CICLO DA VIÑA/CICLO DO VIÑO

Só podo compartir os enlaces que corresponden a unhas infografias dos viñedos Alonso del Yerro pero que coa correspondente adaptación, poden trasladarse aos ciclos da vendima nas Rías Baixas

CATA ORGANOLÉPTICA???


CATA: Probar un alimento ou bebida para determinar o seu sabor.A cata é un exercicio de memoria e adestramento, e hai que dispor de palabras axeitadas para describir as sensacións que nos produce.

ORGANOLÉPTICA:Dícese das propiedades dos corpos que podense percibir polos sentidos

 As propiedades organolépticas son o conxunto de descripcións das características físicas que ten a materia en xeral, segundo as poden percibir os nosos sentidos, por exemplo o seu sabor, textura, olor, cor. O seu estudio é importante nas ramas da ciencia nas que é habitual avaliar inicialmente as características da materia sin instrumentos científicos Olga, unha compañeira do Plambe achéganos esta experiencia a través de blogue de Innovarte.
Pronto teremos todo un vocabulario elaborado polo  alumnado de 2º ciclo ao redor da produción do viño.

27/9/13

TREIXADURA-CANTO DE VENDIMA (concerto en Foz)

CANTARES

Os traballos da vendima pasan mellor cantando.Versións hai moitas
Versión 1 Vendimai vendimadores da vendima do meu pai’e, o viño vai na cabaza e o pan na cestiña vai’e. Ai la, ailalalá lalá la, Ai la, ailalalá lalá,Ai la, ailalalá lalá ,Ai lalalá, ai lalá la la. Anduvécheste alabando que me morría por ti ,que me morro non é certo pero que te quero si. Ai la, ailalalá lalá la, Cortade uvas rapaciños acabar pronto a tarea ,que despois temos ruada e queremos ir a ela. Ai la, ailalalá lalá la,
Versión 2 CANTAR DA VENDIMA (cantada pola Roda e o Cuco de Velle) Iste cantar da vendima éche un cantar vendimeiro, BIS iste cantar da vendima trouxérono do Ribeiro BIS ailalara, ailalará ... Vendima, vendimadoira, na vendima do meu pai, BIS que o viño vai na cabaza e o pan na cestiña vai, BIS ailalara, ailalará ... Vendima, vendimadoira, na vendima do teu pai, BIS heiche de come-las uvas, que outra cousa non cha hai BIS ailalara, ailalará ... Iste cantar da vendima éche un cantar moi meiguiño, BIS iste cantar é da terra onde se fai o bo viño BIS ailalara, ailalará ...
  Versión 3 o

21/9/13

PROXECTO 1º TRIMESTRE A VENDIMA¨

Inauguramos curso con moitas novidades.Unha delas o desexo de conmemorar o 2014 como Ano Internacional da Agricultura Familiar.Este 1º trimestre decidimos facelo a través das tarefas relacionadas coa vendimia que está a piques de comezar e a cultura que a rodea. Como sen información non hai contido, contamos coma sempre coa colaboración(fotos, cantigas, refráns...) das familias para que este proxecto saia adiante. Benvidos/as e grazas polas vosas aportacións.