BUSCA NO NOSO BLOGUE

27/4/12

DON QUIJOTE

E como non, o clásico máis clásico da literatura española tamén pasou pola nosa biblioteca. Cervantes e Don Quixote cobran vida cos alumnos e alumnas de 5º e 6º.









25/4/12

UN CONTO CHEO DE LOBOS

"Un conto cheo de lobos" de OQO Editora, narrado polos nenos e nenas de 2º A e B.

 

PACO PAPÁN

Os nenos e nenas de infantil decidiron celebrar o Día do Libro con "Paco Papán". Ahí vai a súa actuación.

 

24/4/12

SEMANA DO LIBRO

Estamos a celebrar no cole a semana do libro. Onte tocou "Paco Papán", hoxe "Un gato na árbore" e "Un conto cheo de lobos". O venres, o inxenioso fidalgo Don Quixote da Mancha tomará todo o protagonismo.
Pronto colgaremos vídeos e fotos, pero mentres tanto deixámosvos esta fermosa curta sobre a maxía da lectura.

20/4/12

VISITA DE NATIVOS AUSTRALIANOS

Wendy e Alan Brown visitan a nosa escola dende Australia, para contarnos cousas sobre o seu país.

18/4/12

IMOS EMPEZANDO...

Moi pronto celebraremos o día do Libro. Imos empezando cun divertido vídeo do libro "Toca aquí", que por certo está dispoñoble na nosa biblioteca.


15/4/12

COMO ILUSTRAR UN CONTO

A ilustradora María Ardanaz explícanos neste vídeo unha das múltiples fomas de ilustrar un libro. Aí queda, para aprender e sacar ideas.

13/4/12

"GRUMETE VALIENTE" E "HORMIGA MIGA"

Hoxe Manuel Silla, animador de SM visitou a nosa bibliioteca para conversar (e algo máis...) cos alumnos/as de 6º sobre os libros "Colón, el grumete valiente" de isabel Córdova Rosas e "La vuelta al mundo de la hormiga miga" de Emili Teixidor.
Vexamos unha pequena mostra.











12/4/12

GONZALO MOURE

Hoxe os alumnos de 5º tiveron un encontro con Gonzalo Moure, autor do libro "Palabras de Caramelo" que estiveron a ler o anterior trimestre.



11/4/12

ILLA DOS NENOS

Hoxe Chispiña gozou coa visita de "Illa dos nenos" que chegaron cunha maleta chea de historias e ilusións. Desta maleta, que fixo gozar moitísimo aos nenos/as de infantil, saíron historias de princesas e pantasmas, un mono algo fedello, "A mosca chosca" e algunha que outra canción.






10/4/12

CONTACONTOS INFANTIL

Hoxe Olalla Fernández e Mark  Taeger (Editorial Kalandraka) visitaron a nosa biblioteca para reunirse cos nenos/as de infantil; e viñeron acompañados de "Garavanciño", "Artur" e "O puntiño Aquiles". Pasámolo xenial.




9/4/12

COMO CAMBIA O CONTO...

Artigo publicado o domingo 1 de abril de 2012 no Faro de Vigo e que desglosa os novos temas abordados na literatura infantil.